Pon música ao teu nome en Galego II

Hai cinco anos fixemos esta actividade no cole e fora moi divertido ...
Trátase de poñer música ao teu nome . Pode ser un tema vocal ou con acompañamento ( voso ou da vosa família, percusión , guitarra, piano , fagot, ukelele...), se a cantiga di algo máis que o teu nome , faino en galego. 
Non máis de 30 segundos porfi , somos moitos e se participamos moitos o vídeo será máis dinámico .
Intentade facer o vídeo en horizontal . (Os que xa enviáchedes a vosa cantiga no vos preocupedes)
Xa sabedes , enviade o voso vídeo a solmisolmimi@gmail.com.
Tedes de prazo ata o próximo martes 12 de maio .
Animàdevos a cantar o voso nome ! Sei que en Vincios sodes todos uns artistas !



Aquí tedes o vídeo que fixen hai tempo como inspiración . Nel aparece Bobbie McFerri ( un dos meus músicos preferidos ) facendo como sempre cousas marabillosas . 

Lembrade que desta vez non é un concurso pero será divertido cantar os nosos nomes cando nos volvamos ver ...





Por último tamén podedes ver o resultado daquel concurso coa cantiga de moitos dos nenos do cole puxeron música ao seu nome .



CONCURSO MUSICAL from librincios on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario