Ao son das cabazas (Concurso Musical)

·   No final desta entrada atoparás un vídeo cun ritmo musical feito con cabazas.
·    Se queres participar neste concurso, unha melodía sobre este ritmo terás que compoñer.
·     Pode ter texto ou non. En caso de telo, pode ser en calquera idioma. Incluso inventado ou con onomatopeias.
·    Para participar terás que vir gravar a túa peza na clase de música no tempo dos recreos dos luns, martes e mércores ata o 30 de novembro.
·    Poderás participar só ou cun compañeiro.



         ANÍMATE!


SON HOLOFÓNICO ( O son en 3D)

Os nenos de sexto xa o descubriron o ano pasado e agora queremos compartilo con todos vós.

É unha experiencia única que non podes deixar pasar . Se queres vivir unha aventura sonora, colle uns auriculares,  ponte cómodo, pecha os ollos e ponte a escoitar calquera destes enlaces.


Entra nesta perruquería



Esta é unha cea romántica




Una canción que te encanta



EMOCIONARTE

Se queres emocionarte abre ben as orellas: este curso que ben cheo de música .


Xardín musical na segunda planta do cole.

Podedes vir dar un paseo a ver o novo xardín musical na segunda planta do cole.
A canción que veredes nesta partitura floral é "Somewhere over the rainbow" da fermosa película "O mago de Oz".



CONCURSO MUSICAL EXPRESS

1. Pon letra a un retrouso ( estribillo) coñecido.
    A letra ten que falar do tema do ano. "INVENTOS E EXPERIMENTOS"

2. Podes participar só ou con queiras (Irmáns, amigos..) o máximo son catro persoas por canción.

3. Podes gravar a canción enviala por mail  librincios@gmail.com ou traela nun pen drive ao cole.
    Tamén podes gravala na aula de música ao longo desta semana no tempo do recreo ou hora de   lectura.

4. Podes facer o concurso en galego, castelán ou inglés. Síntete cómodo.

5. Hai cinco categorías para participar: Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo, 3º ciclo e adultos.
    No caso de que nun vídeo participen máis dunha persoa a categoría de participación será a de        maior idade.

6. O prazo de entrega dos vídeos por mail terminará o domingo 29 de maio.

Aquí tedes dous exemplos moi motivadores.


Os nenos e nenas de 5º con  Newton



Algúns nenos e nenas de 3º coas súas flores máxicas

Pianos andan soltos!

Imaxinades ir pola rúa e atopar instrumentos que podedes tocar , experimentar e facer música en calquera momento con eles?
Hai un proxecto de Luke Jarram no que se puxeron pianos por varias cidades e ademáis decoráronse dunha forma fermosa.
Se queredes ver máis pianos tan lindos coma este, premede na foto para ir ao enlace.


Mirade que chulada!


         

Se queredes aprendelo pouquiño a pouco premede nesta páxina web ou mirade a estes dous nenos do coro "Os Boscos (Do colexio Salesianos"ensinándonos o xogo das palmas.


Vento Mareiro : conto e canción.

Un dos derradeiros versos de Xosé Neira Vilas está atesourado nunha xeitosa obra para nenos, escrita e ilustrada pola baionesa Irene Silva

Onde vai o vento é un conto canción baseado nun poema de Uxío Novoneyra , adaptado e ilustrado coas formas e cores das recoñecidas estampas e pinturas de Irene Silva. 

A obra inclúe a partitura de Vento Venteiro, para voz e percusión. Peza musical creada por Cantareiras, grupo infantil de percusión do Centro Cultural A Merced da parroquia de Chaín no concello de Gondomar. 


A nosa compañeira Leire aparece nos agradecementos deste fermoso Libro canción e ela, coa súa propia voz, deleitanos coa cantiga. Escoitade o vídeo con atención



leire from lingoreteira@gmail.com on Vimeo.