Un dos
derradeiros versos de Xosé Neira Vilas está atesourado nunha
xeitosa obra para nenos, escrita e ilustrada pola baionesa Irene Silva.
Onde
vai o vento é un conto canción baseado nun poema de Uxío Novoneyra ,
adaptado e ilustrado coas formas e cores das recoñecidas estampas e pinturas de
Irene Silva.
A obra
inclúe a partitura de Vento Venteiro, para voz e percusión. Peza musical creada
por Cantareiras, grupo infantil de percusión do Centro Cultural A
Merced da parroquia de Chaín no concello de Gondomar.
leire from lingoreteira@gmail.com on Vimeo.