Esta semana tivemos unha sorpresa moi agradable. A nosa compañeira de segundo de primaria, Sofía, trouxo o seu clarinete a clase de música e deunos un concerto.
Foi marabilloso! Todos poidemos disfrutar de o son dun clarinete en directo. Moitas grazas Sofía!
Preme na imaxen para ver a actuación de Sofía.
O Entroido dos animais.
"O Entroido dos animáis" é unha suite musical en 14 movementos. Pódese considerar unha fábula que o seu compositor Camille Saint-Säens, creou coma unha brincadeira para un día de Entroido . É unha obra checa de humor e fantasía musical, onde desfilan burros, leóns, canguros, elefantes...
Estas semanas estamos a traballar cunha aplicación nova onde podemos ver vídeos fermosísimos desta suite interpretada pola "Philharmonic Orchestra of Radio-France" mentras os animais paséanse e xogan entre os músicos e o director .
A semana pasada xogamos a ser elefantes moi organizadiños, camiñando polo pentagrama xigante que fixemos na clase. Tamén deunos tempo a ver a partitura e facer algún dibuxiño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)