Concurso musical          

   ¡Nenos e nenas do Serra      Vincios! Comeza o primeiro    concurso musical onde        poderedes obtar a gañar un    fantástico cd.


O concurso ten dúas fases:


1ª FASE: Tedes que escribir unha mensaxe neste post , contando se vos gusta a cantiga de Barrio Sésamo, da publicación anterior (Namorada de Barrio Sésamo) , e dicir A QUE ESTILO MUSICAL PERTENCE.
Na mensaxe, non vos esquezades de deixar o voso nome e o curso no que estades .

De entre todas as mensaxes seleccionaremos ao chou 4 persoas.

2º FASE: esas 4 persoas seleccionadas terán que interpretar a cantiga do vídeo, na clase de música o vindeiro mércores as 12:00h ante un tribunal experto.
Para facer esta proba teredes a opción de ir lendo a letra  nun karaoke e sempre teredes a música orixinal de fondo.
Nesta ocasión, só haberá un gañador.


Boa Sorte

Lembrade que pode participar toda a comunidade educativa.








gNAMORADA DE BARRIO SESAMO


Hoxe comparto con vós este video de Barrio Sesamo, o mellor programa infantil do mundo. 

Moitas veces neste programa invitaban a músicos incribles que cantaban e tocaban cos teleñecos , os verdadeiros protagonistas de BARRIO SÉSAMO.  Neste video temos a oportunidade de escoitar a Patti Labelle unha lexendaria cantante de soul y R&B ( rhythm and blues ) estadounidense.


QUEREMOS COMER!

Este é un dos Éxitos musicais no Samaín, cunha mesa chea de cochinadas.


Preme na imaxe para ver o vídeo.
A composición é dun músico que se chama Luís Pescetti .

LUIS PESCCETTI

Hoxe quero recomendarvos a páxina web de Luis Pesccetti onde atoparedes moitísimas cancións descargables, textos divertidos, videos...


Vos xa coñecedes a este compositor , un dos seus temas máis coñecidos no Serra Vincios é o gran "Queremos comer, comer , comer"