O Entroido dos animais.



"O Entroido dos animáis" é unha suite musical en 14 movementos. Pódese considerar unha fábula que o seu compositor Camille Saint-Säens, creou coma unha brincadeira para un día de Entroido . É unha obra checa de humor e fantasía musical, onde desfilan burros, leóns, canguros, elefantes...

Estas semanas estamos a traballar cunha aplicación nova onde podemos ver vídeos fermosísimos desta suite  interpretada pola "Philharmonic Orchestra of Radio-France" mentras os animais paséanse  e xogan entre os músicos e o director 



A semana pasada xogamos a ser elefantes moi organizadiños, camiñando polo pentagrama xigante que fixemos na clase. Tamén deunos tempo a ver a partitura e facer algún dibuxiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario