Música en galego

Onte foi o día das letras galegas. Unha lingua fermosa na que é unha ledicia  falar, recitar e cantar.
Como este é o blogue de música, centrémonos nesto último punto, cantar.
Que grupos escoitas ti que canten en galego?
Se vos animades, podedes mandar un vídeo co retrouso dunha desas pezas que tanto vos gusta cantar na língua de Rosalía de Castro ( un a anaquiño de non máis de 20 ou 30 segundos) . Non  é unha actividade obrigatória pero vou poñer prazo de entrega para non volverme tola 😜.
Tedes ata o xoves 28 de maio, en horizontal , por favor 🙏🙏🙏🙏
Eu deixo aquì unha proposta de 30 grupos que cantan en galego, de estilos totalmente diferentes. Seguro que algún é do voso agrado.
Déixovos tamén máis abaixo unha cantiga recen saída do forno de Uxía Senlle e outra dunha versión de “O maio” de Curros Enríquez fermosísima.







Ningún comentario:

Publicar un comentario