Volvemos en setembro. Bicos a moreas


Grazas a todos por participar , ponlas vosas mostras de cariño que me quentaron o corazón durante todo este tempo. Ágora disfrutemos deste verán como o mellor agasallo . Vémonos prontiño.
Bicos  a moreas!


Asier. Percusión Corporal

Moitas  grazas Asier por compartir con nós as túas percusións...

Percusión Corporal

Todos nós, levamos sen sabelo varios instrumentos sempre con nós : a voz e a percusión. 
Confésovos que son os meus instrumentos preferidos...

Póñovos varios exemplos para que disfrutedes . Hai vários estilos e varias dificultades
    1. No primeiro vídeo os alumnos dunha coral de Bizkaia poñen música aos escenarios do Guggenheim dun xeito fermosísimo.
    2. Os seguintes son vídeos de xogos que eu cantaba de nena. Seguro que vós coñecedes moitos máis. Podedes ensinarme algún xogo con percusión corporal que coñezades, faríame moita ilusión. Lembrade que para envialo, tedes o mail: solmisolmimi@gmail.com
    3.Por último unha cantiga que hai anos, cantamos no colexio moitísimo, cos nenos máis maiores. Os nenos de 4º , 5º e 6º, anímovos a practicalo co titorial que acompaña a este último vídeo. Cando consegues aprendelo non podes parar de cantalo e tocalo  pero necesitaredes un compañeiro ou compañeira para practicalo.


1. Bring me little water Silvy
Leioa Kantika Korala

1

2. En un convento e Miliquituri.




I



3. I´ll think of You





Se queredes aprendelo pouquiño a pouco premede nesta páxina web ou mirade a estes dous nenos do coro "Os Boscos"ensinándonos o xogo das palmas.


Música en galego

Onte foi o día das letras galegas. Unha lingua fermosa na que é unha ledicia  falar, recitar e cantar.
Como este é o blogue de música, centrémonos nesto último punto, cantar.
Que grupos escoitas ti que canten en galego?
Se vos animades, podedes mandar un vídeo co retrouso dunha desas pezas que tanto vos gusta cantar na língua de Rosalía de Castro ( un a anaquiño de non máis de 20 ou 30 segundos) . Non  é unha actividade obrigatória pero vou poñer prazo de entrega para non volverme tola 😜.
Tedes ata o xoves 28 de maio, en horizontal , por favor 🙏🙏🙏🙏
Eu deixo aquì unha proposta de 30 grupos que cantan en galego, de estilos totalmente diferentes. Seguro que algún é do voso agrado.
Déixovos tamén máis abaixo unha cantiga recen saída do forno de Uxía Senlle e outra dunha versión de “O maio” de Curros Enríquez fermosísima.







Pon música ao teu nome !

Non podo estar máis contenta e feliz de vervos cantar .
Sodes uns verdadeiros artistas!
Aquí tedes o vídeo completo de todas as vosas creacións. Entre todas elas hai un nome especial que leva agachado un nome moi importante estes días . Saberedes atopalo?

Disfrutade destas incribles actuacións.