Música con RICARDO CARBALLO CALERO

Atopeime con este víde, onde unhas nenas fixeron un Preguntoiro musical sobre RICARDO CARBALLO CALERO. A ver se vos gusta.




Marful

Carvalho Calero, Ricardo, Reticências... (1986-1989), Barcelona, Sotelo Blanco, 1990. Melodia: Ugia Pedreira. Arranxos: Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual Pido talvez o que nom podes dar-me. O que talvez ninguém pode dar-me. Isso pido. Mas se tenho necessidade desse alimento, pouco consolo é para a minha fame que tal grao nom se dê nas estepas desta terra. Pede-lhe a quem me pujo neste mundo o pam que deveu pôr-me baixo o braço cando nacim. Umha liçom de geografia económica nom é farinha para o coraçom.




Manoele de Felisa , un cantautor galego puxo música a unha das letras de Ricardo Carballo Calero durante estes días de confinamento.

Pon música ao teu nome en Galego II

Hai cinco anos fixemos esta actividade no cole e fora moi divertido ...
Trátase de poñer música ao teu nome . Pode ser un tema vocal ou con acompañamento ( voso ou da vosa família, percusión , guitarra, piano , fagot, ukelele...), se a cantiga di algo máis que o teu nome , faino en galego. 
Non máis de 30 segundos porfi , somos moitos e se participamos moitos o vídeo será máis dinámico .
Intentade facer o vídeo en horizontal . (Os que xa enviáchedes a vosa cantiga no vos preocupedes)
Xa sabedes , enviade o voso vídeo a solmisolmimi@gmail.com.
Tedes de prazo ata o próximo martes 12 de maio .
Animàdevos a cantar o voso nome ! Sei que en Vincios sodes todos uns artistas !



Aquí tedes o vídeo que fixen hai tempo como inspiración . Nel aparece Bobbie McFerri ( un dos meus músicos preferidos ) facendo como sempre cousas marabillosas . 

Lembrade que desta vez non é un concurso pero será divertido cantar os nosos nomes cando nos volvamos ver ...





Por último tamén podedes ver o resultado daquel concurso coa cantiga de moitos dos nenos do cole puxeron música ao seu nome .



CONCURSO MUSICAL from librincios on Vimeo.

Artistas en Vincios

Chegaron ideas fermosísimas !
Estou feliz de vervos disfrutar
Sodes todos marabillosos 

En primero lugar temos a Teo e Nuno facendo un COVER do tema Resistiré. Flipade co sentimiento , ukelele e percusión en estado puro .





Chegan agora Vera, André e a súa nai cunha cantiga chulísima que podedes facer vós na casa .
 Qué è o que tocan ?
 AUGA , máxica e sonora !
Non volo perdades!




Lois e Lucía conseguiron afinar unhas copas con auga e unhas cunquiñas para tocar con baquetas a melodía do noso blogue de música . 
Non paredes de sorprenderme !
Artistas na pista !



Instrumentos novos, Abrahán Cupeiro e cantiga con Karaoke!

Boa día de novo , lindos e lindas criaturas .
Hoxe veño cunha  proposta para tocar instrumentos feitos na casa ou percusión corporal . A ver que versión vos gusta máis ...


Premede na imaxe para ir ao enlace de Abrahán Cupeiro López que pertence o Conservatorio da Coruña é musicólogo , luthier e recuperador de instrumentos onde vos conta como facer as flautiñas moito mellor que nós.




Podes cantar con nós esta cantiga acompañándonos de percusión corporal . No seguíte vídeo tedes o mesmo tema acompañado polos instrumentos caseiros.







Se queredes descargar só o teclado para cantar por riba a modo de Karaoke , premede na imaxe tan fermosa , feita con collage duha nena espallando notiñas musicais como bicos que acariñan o son.



Novas adiviñas musicais

Esta semana volvemos empezar con máis adiviñas musicais .
O te tiren problemas para gravar uns vídeos así que esta de atentos as novas entradas esta semana porque ensinareivos a construir un instrumento chulísimo e camtaremos unha cantiga

Polo de agora ... aquí tedes as adiviñas

solmisolmimi@gmail.com e proposta.

Bo día !
Moitos de vós,  queredes enviar algún arquivo ou simplemente queredes comunicarvos conmigo. O mail deste blog è solmisolmimi@gmail.com,  abrireino todos os días durarante esta cuarentena, e irei colgando os vídeos que me envíedes dentro do apartado máis axeitado ou nunha nova entrada , polo que vos recomendo que revisedes entradas anteriores .Tamén, irei contestando ás vosas mensaxes dentro das miñas posibilidades.
Moitos bicos e apertas para todas e todos !
Vótovos en falta ! ❤️

Neste vídeo cóntovos o do mail e fàgovos unha proposta...
Lembrade que podedes facelo con instrumentos convencionais, con instrumentos caseiros, con obxectos, cosa voz, con percusión corporal ... imaxinación ao poder.
NON É OBLIGATORIO





Esta é a melodía que toquei eu , pero vós podedes inventarvos calquera outro tema con dúas notiñas nada máis.