solmisolmimi@gmail.com e proposta.

Bo día !
Moitos de vós,  queredes enviar algún arquivo ou simplemente queredes comunicarvos conmigo. O mail deste blog è solmisolmimi@gmail.com,  abrireino todos os días durarante esta cuarentena, e irei colgando os vídeos que me envíedes dentro do apartado máis axeitado ou nunha nova entrada , polo que vos recomendo que revisedes entradas anteriores .Tamén, irei contestando ás vosas mensaxes dentro das miñas posibilidades.
Moitos bicos e apertas para todas e todos !
Vótovos en falta ! ❤️

Neste vídeo cóntovos o do mail e fàgovos unha proposta...
Lembrade que podedes facelo con instrumentos convencionais, con instrumentos caseiros, con obxectos, cosa voz, con percusión corporal ... imaxinación ao poder.
NON É OBLIGATORIO





Esta é a melodía que toquei eu , pero vós podedes inventarvos calquera outro tema con dúas notiñas nada máis.




Ningún comentario:

Publicar un comentario