Ola, músicos e músicas! 🎵
Aquí tedes un vídeo onde toco “Stand by Me” no ukelele amodiño, paso a paso, para que poidades practicar comigo sen présa.
Podedes seguir o ritmo, ver como coloco os dedos nos acordes e acompañar a música dende casa.
📌 Algúns consellos para practicar:
-
Comeza despaciño, para que os cambios de acorde sexan suaves.
-
Observa ben como sitúo os dedos nos trastes en cada acorde.
-
Repíteo varias veces ata que sintades confianza para ir aumentando un pouco o tempo.
-
Se te equivocas, non te preocupes: aprende do erro e segue practicando.
A música medra coa constancia. Confío en vós e sé que o ides facer xenial. Ánimo e a desfrutar tocando! 🎶✨
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.