Himno Olimpiadas en Serra Vincios

🎵 O noso himno escolar creado con axuda da intelixencia artificial

O curso pasado fixemos un proxecto moi especial no xornaliño da escola: compuxemos o noso propio himno! 🎶

Foi unha actividade moi divertida e creativa, na que o alumnado participou con ideas, frases e emocións que quixemos converter en canción. Para darlle forma, utilizamos a aplicación Suno, unha ferramenta de intelixencia artificial musical que nos axudou a transformar as nosas palabras en música.

Deste xeito, aprendemos non só a crear letra e melodía, senón tamén a empregar as novas tecnoloxías de maneira artística e responsable.

Aquí vos deixamos o resultado final: o nosos himno escolar, feito con moito agarimo e ilusión.


Agardamos que o desfrutedes tanto como nós disfrutamos creándoo. 💫



Ningún comentario:

Publicar un comentario