Himno Olimpiadas en Serra Vincios

🎵 O noso himno escolar creado con axuda da intelixencia artificial

O curso pasado fixemos un proxecto moi especial no xornaliño da escola: compuxemos o noso propio himno! 🎶

Foi unha actividade moi divertida e creativa, na que o alumnado participou con ideas, frases e emocións que quixemos converter en canción. Para darlle forma, utilizamos a aplicación Suno, unha ferramenta de intelixencia artificial musical que nos axudou a transformar as nosas palabras en música.

Deste xeito, aprendemos non só a crear letra e melodía, senón tamén a empregar as novas tecnoloxías de maneira artística e responsable.

Aquí vos deixamos o resultado final: o nosos himno escolar, feito con moito agarimo e ilusión.


Agardamos que o desfrutedes tanto como nós disfrutamos creándoo. 💫



Ola, músicos e músicas! 🎵

Aquí tedes un vídeo onde toco “Stand by Me” no ukelele amodiño, paso a paso, para que poidades practicar comigo sen présa.

Podedes seguir o ritmo, ver como coloco os dedos nos acordes e acompañar a música dende casa.

📌 Algúns consellos para practicar:

  • Comeza despaciño, para que os cambios de acorde sexan suaves.

  • Observa ben como sitúo os dedos nos trastes en cada acorde.

  • Repíteo varias veces ata que sintades confianza para ir aumentando un pouco o tempo.

  • Se te equivocas, non te preocupes: aprende do erro e segue practicando.

A música medra coa constancia. Confío en vós e sé que o ides facer xenial. Ánimo e a desfrutar tocando! 🎶✨