Ola, rapazada!
Esta semana en 4º, 5º e 6º de primaria estamos repasando “Stand by Me” cun arranxo para ukelele. Xa temos a partitura cos acordes que estades a traballar na clase, pero deixo aquí o vídeo que usamos para que poidades escoitar, cantar e acompañar dende a casa.
Nos próximos días tamén subirei un vídeo tocando os acordes amodiño, para que poidades practicar comigo paso a paso.
💡 Lembrade:
-
Revisade os acordes de C, Am, F e G (os que aparecen na canción).
-
Tocade despaciño primeiro, e logo ídelle collendo ritmo.
-
Se vos equivocades… non pasa nada! Forma parte da aprendizaxe.
Ánimo, pequenos e pequenas músicos! 🎵✨