Debuxamos con Leandro Lamas?

Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego.

Fai cadros fermosísimos como estes


Este luns , no seu facebook fixo un taller dando os pasos para facer uns dos seus cadros.


Déixovos o enlace por se vos animades


Nós na casa xa fixemos os nosos, aínda que queda colorealos pero pasamos unha tarde moi agradable, concentrados e relaxados. Disfrutade!







Son, respiración e xogo musical

Bo día !

Xa sabedes que é difícil facer o mesmo que facemos nas clases por aquí pero se vos parece ben, irei poñendo cousas interesantes relacionadas coa música , baile e arte en xeral .

Para empezar escoita esta música e fíxate na imaxen da dereita, onde pon : Respira profundamente e exhala en sincronía con esto. 
Disfruta do momento sendo consciente da túa respiración como facemos as veces nas clases . 
Só pensa na túa respiración.
Lembra que se a túa cabeza quere pensar noutra cousa, tes que volver pedirlle que pense na túa respiración , sen importar o numero de veces que intente despistarnos... ti pensa na respiración.






Música : Reverie de Ludovico Einaudi

Despois deste marabilloso tema propóñovos xogar nesta páxina web de divertidísima:


Nesta versión demo podedes elexir catro estilos musicais. Tedes que arrastar os debuxos que están debaixo da fotografía ata cada individuo. Cada un deles fai un ritmo, son ou melodía diferentes que a medida que se van xuntando vai enriquecéndose a peza musical . Podes poñer quitar, cambiar e incluso gravar a túa composición .




Cancións da semana : cancións para disfrutar

DAKOTA de STerephonics

 


The storyof my life


  


 Esta xa é para escoitar no Spotify e é a que máis lle gustou aos pequenos:

A janeliña fecha ( Tradicional)





https://open.spotify.com/track/0neCBwYi74PJiFu0BYS1zc?si=xsn-J4yfSZ203nwhGhiZNA


Historia da música : para ir facendo boca.

"Lambarena - Bach to Africa"

Albert Schweitzer, médico e músico franco-alemán foi premio Nobel da Paz en 1952 e gran amante da música de Johann Sebastian Bach. A música de "Lambarena - Bach to Africa" é unha homenaxe a Schweitzer e a sua labor en Lambaréné (Gabón) No cume do seu éxito como intérprete de organo, abandonou a súa prometedora carreira para estudar mediciña e cirurxía durante nove anos, coa idea de dedicarse aos máis desfavorecidos. Cando rematou os seus estudos médicos, en 1913, trasladouse coa súa familia a Lambaréné Alí estableceu un hospital cerca dunha misión cristiá xa existente e tratou a millares de pacientes, especialmente leprosos e vítimas da enfermidade do sono. El disco de Lambarena reúne los dos elementos esenciales del "mundo del sonido" de Schweitzer: la música de Bach y las melodías y los ritmos nativos de su patria por adopción, el Gabón. Después de meses de preparación, los 10 conjuntos de música del Gabón que se escogieron para que participaran en Lambarena viajaron a París para reunirse durante 100 días en un estudio con grandes intérpretes de música clásica, jazz de todo el mundo. El resultado de esta fiesta multicultural es Lambarena.

 Estas son algunhas das pezas deste fermoso disco.