Son, respiración e xogo musical

Bo día !

Xa sabedes que é difícil facer o mesmo que facemos nas clases por aquí pero se vos parece ben, irei poñendo cousas interesantes relacionadas coa música , baile e arte en xeral .

Para empezar escoita esta música e fíxate na imaxen da dereita, onde pon : Respira profundamente e exhala en sincronía con esto. 
Disfruta do momento sendo consciente da túa respiración como facemos as veces nas clases . 
Só pensa na túa respiración.
Lembra que se a túa cabeza quere pensar noutra cousa, tes que volver pedirlle que pense na túa respiración , sen importar o numero de veces que intente despistarnos... ti pensa na respiración.






Música : Reverie de Ludovico Einaudi

Despois deste marabilloso tema propóñovos xogar nesta páxina web de divertidísima:


Nesta versión demo podedes elexir catro estilos musicais. Tedes que arrastar os debuxos que están debaixo da fotografía ata cada individuo. Cada un deles fai un ritmo, son ou melodía diferentes que a medida que se van xuntando vai enriquecéndose a peza musical . Podes poñer quitar, cambiar e incluso gravar a túa composición .




Ningún comentario:

Publicar un comentario