Stand by me

Ola, rapazada!

Esta semana en 4º, 5º e 6º de primaria estamos repasando “Stand by Me” cun arranxo para ukelele. Xa temos a partitura cos acordes que estades a traballar na clase, pero deixo aquí o vídeo que usamos para que poidades escoitar, cantar e acompañar dende a casa.



Nos próximos días tamén subirei un vídeo tocando os acordes amodiño, para que poidades practicar comigo paso a paso.

💡 Lembrade:

  • Revisade os acordes de C, Am, F e G (os que aparecen na canción).

  • Tocade despaciño primeiro, e logo ídelle collendo ritmo.

  • Se vos equivocades… non pasa nada! Forma parte da aprendizaxe.

Ánimo, pequenos e pequenas músicos! 🎵✨



Benvidos a un novo curso

Xa comezamos un novo curso e o fixemos cantando . 

  “ Canción de bañar la luna “

 Esta cantiguiña é de Maria Elena Walsh. 




Concerto Santa Cecilia 2020

 Bo día a todos e todas!

Sempre é un bo momento para festexar a vida pero ademáis se  é o día da música e o día da infancia aínda mellor. 

Disfrutade das vosas actuacións. Sodes todo uns artistas!


Participa no recital de Santa Cecilia dende a casa.


Este ano fareros igualmente o recital de Santa Cecilia. 
So tedes que gravarvos un vídeo cantando ou tocando un instrumento e envialo ao correo da aula de música.

solmisolmimi@gmail.com




Santana , Oye como va

 Aquí tedes o tutorial para tocar "Oye como va" de Santana.

Tamén vos deixo enlace a canción orixinal para tocar e practicar co mismísimo Santana;)




Practica comigo

 Esta é unha nova sección para que estudiedes comigo as cousiñas máis importantes da clase.

Acompañádeme tocando o ukelele estes vídeos . Son curtiños e imos pouquiño a pouco.


Exercicio 1



Exercicio 2




Exercicio 3




Exercicio 4




Exercicio 5



Exercicio 6


Versión da Familia Adams

 Podedes practicar conmigo a canción da familia Adams, versión Serra Vincios.

Lembrade que só son dúos acordes Sol Maior e Re Maior.





Versión do Serra Vincios
Familia Adams


Somos do Serra Vincios , uns nenos apestosos
comemos vermes podres e carrachos  fritidos.
Se queres comprobalo, non tes máis que dicilo 
ven pronto ao noso cole , serás mandar divino. 
😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂🤣🤣🤣🤣🤣

Para os cursos máis altos e que queirades aprender o punteo tedes aquí un tutorial.
A disfrutar do Samaín :