Primeiros acordes

Empezaremos con estes dous acordes:

                                         Do maior              e               La menor






 

Primeiros rasgueos

 Aquí tedes o rasgueos máis sinxelos... 

Como afinar o teu ukelele

 

A afinación estandar do Ukelele



Afinamos de arriba a baixo . A cuarta corda afínase en Sol (G), a terceira corda en Do (C), a segunda en Mi (E) e a primeira corda na nota La (A)
Para tocar o instrumento será necesario afinalo antes.
No seguinte vídeo , cóntovos como o facemos. 


Volve Serra Vincios!

Volve Serra Vincios. 
Volvemos cheos de ilusión ao cole. 
Xa levamos tres semanas de cole cheas de moitas novas! 
A canción coa que empezamos este curso foi unha versión moi particular do tema Proad Mary


Aquí tedes a letra da nosa versión.

 Logo dun tempo de espera, 
 sen ver ós compañeiros que estan aquí. 
Na casa aburrida, vendo pasar a vida, 
mirando as noticias sen poder saír. 
Xa tiña ganas de vervos, outra vez no colexio. 

Volve (volve), volve(volve) volve serra Vincios (volve serra Vincios). 

 Con isto do Coronavirus , 
 non podes arrimarte, desinfecta as mans. 
 Só dous no baño, ninguén nos corredores, 
 este curso vai ser espectacular. 
Protocolo covid, pero menos mal que volve. 

Volve (volve), volve (volve) volve serra Vincios (volve serra Vincios). 

 Chu chu chu chu...


E aquí deixovos a versión orixinal de Creedence e outra da grandísima  Tina Turner




 


Volvemos en setembro. Bicos a moreas


Grazas a todos por participar , ponlas vosas mostras de cariño que me quentaron o corazón durante todo este tempo. Ágora disfrutemos deste verán como o mellor agasallo . Vémonos prontiño.
Bicos  a moreas!


Asier. Percusión Corporal

Moitas  grazas Asier por compartir con nós as túas percusións...