Mirade que chulada!


         

Se queredes aprendelo pouquiño a pouco premede nesta páxina web ou mirade a estes dous nenos do coro "Os Boscos (Do colexio Salesianos"ensinándonos o xogo das palmas.


Vento Mareiro : conto e canción.

Un dos derradeiros versos de Xosé Neira Vilas está atesourado nunha xeitosa obra para nenos, escrita e ilustrada pola baionesa Irene Silva. 

Onde vai o vento é un conto canción baseado nun poema de Uxío Novoneyra , adaptado e ilustrado coas formas e cores das recoñecidas estampas e pinturas de Irene Silva. 

A obra inclúe a partitura de Vento Venteiro, para voz e percusión. Peza musical creada por Cantareiras, grupo infantil de percusión do Centro Cultural A Merced da parroquia de Chaín no concello de Gondomar. 


A nosa compañeira Leire aparece nos agradecementos deste fermoso Libro canción e ela, coa súa propia voz, deleitanos coa cantiga. Escoitade o vídeo con atención



leire from lingoreteira@gmail.com on Vimeo.

DANZA MACABRA

Acércase o Samaín... Escoitamos e escenificamos a Danza Macabra de Saint-Saëns
 

MEDIDOR MUSICAL

Non dubidedes en utilizar o noso gran invento: " O MEDIDOR MUSICAL"

Podedes medirvos as veces que queirades, xa que como crecedes tan rápido o medidor cambiará a súa opinión en menos do que canta un galo.

DISFRUTADE DO NOSO MEDIDOR MUSICAL!