DANZA MACABRA

Acércase o Samaín... Escoitamos e escenificamos a Danza Macabra de Saint-Saëns
 

MEDIDOR MUSICAL

Non dubidedes en utilizar o noso gran invento: " O MEDIDOR MUSICAL"

Podedes medirvos as veces que queirades, xa que como crecedes tan rápido o medidor cambiará a súa opinión en menos do que canta un galo.

DISFRUTADE DO NOSO MEDIDOR MUSICAL!







LACRIME DI GIULIETTA



OTOMATONE

Lara , unha nena de 4º de primaria, trouxo ao cole un intrumento xaponés moi peculiar:

O OTOMATONE

Un inxenioso e gracioso instrumento . Podes reproducir melodias deslizando os dedos ao longo da súa barra sensitiva e apretando ao mesmo tempo as meixelas da cariña de tan simpático instrumento.
Moitas grazas Lara por traelo a nosa clase.



 Podedes ver o vídeo no que Lara toca o otomatone.
Eu tampoupo puiden resistirme e fixen algunha parvada.

CURSO 2015- 2016

Benvidos a un ano cheo de experimentos e investigacións.
O vídeo musical que ven a continuación, está feito só con experimentos científicos realizados con sons.
Non me digades que a música non é máxica!
Upss!    Científica.

   

NOVO ENCONTRO FELIZ

Esta vez os nenos de 6º cantaron cantiguiñas aos seus afillados e afilladas.
Unha esperiencia diferente que encheu de alegría o fermoso espacio que temos no patio interior do cole.




CONCERTO

As nenas de 5º de primaria Ángela e Tania agasalláronnos cunha peza musical interpretada no teclado.

concerto Tania Angela from librincios on Vimeo.

Mamá! Puxeches a capa do revés...

 

Este ano para celebrar o día da muller, escollemos unha cantiguiña ben fermosa para cantar todos xuntos.
Matriarcas da cantante galega Guadi Galego



PARTICIPANTES DO CONCURSO MUSICAL. (Pon música ao teu nome)

Estes foron todos os participantes do concurso musical.Todos fixéronno mooooooi ben. Mirade e escoitade todas as vosas composicións maxistrais. É moi difícil seleccionar un gañador.