Cada ano festexamos o día da patrona da música facendo un concerto no COLEXIO.
Que sorte temos de ter tantos artistas no cole !
Aquí están algunas das fotos para lembrar o fermoso día.
O curso pasado fixemos un proxecto moi especial no xornaliño da escola: compuxemos o noso propio himno! 🎶
Foi unha actividade moi divertida e creativa, na que o alumnado participou con ideas, frases e emocións que quixemos converter en canción. Para darlle forma, utilizamos a aplicación Suno, unha ferramenta de intelixencia artificial musical que nos axudou a transformar as nosas palabras en música.
Deste xeito, aprendemos non só a crear letra e melodía, senón tamén a empregar as novas tecnoloxías de maneira artística e responsable.
Aquí vos deixamos o resultado final: o nosos himno escolar, feito con moito agarimo e ilusión.
Agardamos que o desfrutedes tanto como nós disfrutamos creándoo. 💫
Ola, músicos e músicas! 🎵
Aquí tedes un vídeo onde toco “Stand by Me” no ukelele amodiño, paso a paso, para que poidades practicar comigo sen présa.
Podedes seguir o ritmo, ver como coloco os dedos nos acordes e acompañar a música dende casa.
Comeza despaciño, para que os cambios de acorde sexan suaves.
Observa ben como sitúo os dedos nos trastes en cada acorde.
Repíteo varias veces ata que sintades confianza para ir aumentando un pouco o tempo.
Se te equivocas, non te preocupes: aprende do erro e segue practicando.
A música medra coa constancia. Confío en vós e sé que o ides facer xenial. Ánimo e a desfrutar tocando! 🎶✨
Ola, rapazada!
Esta semana en 4º, 5º e 6º de primaria estamos repasando “Stand by Me” cun arranxo para ukelele. Xa temos a partitura cos acordes que estades a traballar na clase, pero deixo aquí o vídeo que usamos para que poidades escoitar, cantar e acompañar dende a casa.
Nos próximos días tamén subirei un vídeo tocando os acordes amodiño, para que poidades practicar comigo paso a paso.
💡 Lembrade:
Revisade os acordes de C, Am, F e G (os que aparecen na canción).
Tocade despaciño primeiro, e logo ídelle collendo ritmo.
Se vos equivocades… non pasa nada! Forma parte da aprendizaxe.
Ánimo, pequenos e pequenas músicos! 🎵✨
Bo día a todos e todas!
Sempre é un bo momento para festexar a vida pero ademáis se é o día da música e o día da infancia aínda mellor.
Disfrutade das vosas actuacións. Sodes todo uns artistas!