CONCURSO MUSICAL

PON MÚSICA AO TEU NOME


- Inventa un retrouso lindo e sonoro co teu nome.
- Inventa, non copies.
- A túa cantiguiña só pode durar 20 segundos.
- Podes participar só ou en grupo.
- Se queres participar terás que anotarte no libriño que hai na porta da clase de música.
- Unha vez anotado espera a chamada máis musical da proife Elena para triunfar no mundo do espectáculo e grabar a túa canción.
- Un xurado selecto valorará todas as vosas composición para determinar que será o gañador gañadora.
- Inspírate con estas ideas.


A CLARINETISTA SOFÍA

Esta semana tivemos unha sorpresa moi agradable. A nosa compañeira de segundo de primaria, Sofía, trouxo o seu clarinete a clase de música e deunos un concerto.

Foi marabilloso! Todos poidemos disfrutar de o son dun clarinete en directo. Moitas grazas Sofía!


Preme na imaxen para ver a actuación de Sofía.


O Entroido dos animais.



"O Entroido dos animáis" é unha suite musical en 14 movementos. Pódese considerar unha fábula que o seu compositor Camille Saint-Säens, creou coma unha brincadeira para un día de Entroido . É unha obra checa de humor e fantasía musical, onde desfilan burros, leóns, canguros, elefantes...

Estas semanas estamos a traballar cunha aplicación nova onde podemos ver vídeos fermosísimos desta suite  interpretada pola "Philharmonic Orchestra of Radio-France" mentras os animais paséanse  e xogan entre os músicos e o director 



A semana pasada xogamos a ser elefantes moi organizadiños, camiñando polo pentagrama xigante que fixemos na clase. Tamén deunos tempo a ver a partitura e facer algún dibuxiño.
DECIBELIOS


O decibelio (dB) é a unidade que se utiliza para medir a intensidade de son e outras magnitudes físicas. Un decibelio é a décima parte de un belio (B) , unidade que recibe o seu nome por Graham Bell, o inventor do teléfono.
                      



Esta semana estamos  a probar unha aplicación nova na tableta :TOO NOISY. Con ela podemos controlar o noso volumen a hora de traballar. Estamos descubrindo cousas interesantísimas con ela.

Con ela estamos CONTROLANDO OS NOSOS DECIBELIOS.


O ARCO DA VELLA

O arco da vella viunos visitar a clase de música, mentras cantabamos unha cantiguiña.




RESULTADO CONCURSO MUSICAL

Disculpádeme por tardar tanto en subir os videos do concurso musical, estiven atrapada nunha tableta de trurrón.
Agora, xa estou aquí para contarvos que pasámolo fenomenal.  Foi emocionante e apaixoante disfrutar da vosa arte no escenario. Estou desexendo volver facer outro concurso para ver tanta paixón.
Nesta ocasión gañou o voso compañeiro Adrián de 4º , un aplauso ben forte para el.
Ós demáis concursantes ,quero pedirlles que non dubiden nunca da súa capacidade artística, que volvan presentarse os vindeiros concursos.  Que disfrutamos con todos vos por igual.
A próxima vez podes ser ti o gañador!

Quería pedirvos unha cousiña máis: Que deixárades as vosas opinións ou suxerencias para mellorar este tipo de concursos musicais nos comentarios . Podedes por o voso nome ou deixalo de forma anónima. Moitas gracias chic@s!



Preme na imaxe para ver o video con todos os participantes